Super League

A Super League é o torneo mais importante de Europa de rugby a 13 (rugby league en inglés). O campionato naceu en 1995 como sucesor do antigo Rugby Football League Championship (a liga inglesa de rugby a 13) coa intención de ser un torneo continental, espallándose por outros países fóra de Inglaterra. Actualmente o torneo está composto por 14 equipos, 12 ingleses, 1 francés e 1 galés.

A Super League é a principal competicións de rugby a 13 a nivel de clubs no hemisferio norte, e o campión compite cada ano co campión da NRL (liga de Australia e Nova Zelandia) no World Club Challenge (título semellante á antiga Copa Intercontinental de fútbol).

Dende 2011 a liga pode seguirse en España na canle Sportmanía. O actual campión é o equipo Leeds Rhinos, que venceu o 8 de outubro a St Helens por 32-16 diante de 69.000 seareiros que enchían Old Trafford, acadando dese xeito o seu 5º título. St Helens, que tamén ten 5 títulos no seu palmarés, ven de acadar 5 subcampionatos seguidos dende 2007 ata 2011.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search